ACÚSTICA FORENSE, CONTROL DE RADIACIÓN E RUÍDO

Certificación de gravacións, intervención como peritos en causas contencioso-xudiciais e xudiciais, control e ruído e radiación electromagnética. Proxectos de control e minimización do ruído. Aluguer de instrumentación.

Enxeñaría de telecomunicacións dende 1995. Asesoramento independente e rigoroso en todos os ámbitos relacionados coa información e as novas tecnoloxías.

A NOSA METODOLOXÍA PRODUCE RESULTADOS

1 - COMUNICACIÓN

Comunicación directa e sincera. Buscaremos sempre a mellor solución, aínda que supoña contratar os servizos doutra empresa.

Estamos convencidos de que somos competitivos e queremos que ese sexa o noso único vínculo.

2 - VELOCIDADE

Máxima celeridade na execución dos proxectos. A tempo e sen problemas.

3 - PROTOTIPACIÓN E METODOLOXÍAS ÁXILES

O primeiro obxectivo é conseguir un prototipo que se poida utilizar (software), no que se poida comezar a traballar e aproveitar. Cremos máis nunha saída rápida e na adaptación ás necesidades que nunha planificación “que prevé todo”.

4 - MELLORA

A mellora prodúcese no propio prototipo. Os prazos redúcense ao mínimo.

5 - COMPROMISO

O compromiso é ata o final. A partir dun orzamento pechado, xestionamos o teu proxecto ata que sexa 100% satisfactorio. Sen riscos nin sorpresas.

OS NOSOS CLIENTES FALAN EN GOOGLE